Do PSdeG sobre a deficiente conservación e mantemento dos parques infantís de Leiro
Os membros do Grupo Municipal do PSOE en Leiro e através do seu Portavoz Manuel Rodríguez Vázquez queren expresar o seu malestar e preocupación polo que consideran unha desidea total do Alcalde-Senador e o seu Grupo de Goberno das suas funcións, xa que comprobamos in situ que nos Parques infantís tanto o do Campo da Feira, e o do Salgueiral en Leiro, existe un grave risco de que algún cativo sufra graves consecuencias xa que existe un total abandono tanto na conservación, suciedade e mantemento, así como tamén dos elementos auxiliares (vallas, papeleras, asientos)como a señalización, accesibilidade e uso, e sobre de todo a seguridade de estás instalacións para os máis cativos do noso Concello, xa que nestes momentos non son nada seguras, xa que ai elementos que non dispoñen de ningunha seguridade, cando e unha obligación do Concello de manter en perfectas condicións de limpeza e seguridade os parques infantís.
Por eso os socialistas lle exiximos de que se poñan man a obra tanto o Alcalde-Senador como o seu grupo de Goberno para que cumplan co Decreto aprobado pola Xunta, e non teñamos que lamentar que algún dos nosos cativos sufra lesións graves, debido o pasotismo dos nosos gobernantes do Partido Popular de Leiro.
E por último queremos destacar tamén, que o mesmo pasa cos parques biosaludables, que xa parecen campos de herbas en vez de parques, porque xa son máis grandes as herbas que ai neles, que os propios os elementos que ai para facer exercicio e proba de elo adxuntamos fotografías, que así o demostran, unha vergoña.que teñamos gobernantes de este calibre, cando temos personal durante todo o ano, para facer mantemento tanto nos parques infantís como nos biosaludables de pena para votarse a chorar.