Do PSdeG sobre "a maneira que ten o alcalde de Leiro de coidar do medio ambiente"
Os socialistas de Leiro queremos trasladarlle a opinión pública e como non pode ser menos tamen os nosos veciños/as, a maneira que ten o Alcalde de Leiro de coidar o noso Medio Ambiente, no noso Concello.
Os socialistas consideran que a aptitude do Alcalde non e a máis axeitada, xa que van máis de dous meses cun vertedoiro incontrolado, enfrente o domicilio familiar da sua propiedad, no cal se poden apreciar na foto que axuntamos a esta nota de prensa, restos de cascallos de obra das reformas que levou a cabo o señor Alcalde no seu domicilio.
O responsable de Medio Ambiente da Agrupación Socialista quere destacar con que cara este señor lle vai a pedir, os veciños que non tiren os cascallos de obra e outros residuos, nos montes ect... sin levalos a Planta de refugados, que temos no pobo de Viete, “si el como máxima autoridade do Concello non da exemplo ningun, máis ven todo o contrario”, que deposita restos nun sitio o cal produce contaminación ambiental, aparte de outros perxuicios.
Neste sentido, sinalan que en politíca non todo vale, e o señor Alcalde por ser a máxima autoridade non pode facer o que lle salga en gana, e pisotear as leis que regulan este tipo de actuacións medioambientais, porque ou todos blancos ou todos negros.
Porque os socialistas o que si temos claro que si en vez de ser o Alcalde o que ten este vertodoiro incontrolado diante do seu domicilio, fora cal quer veciño/a do noso Concello, segurisimo que xa tiña unha sanción economica, por este atropelo medio ambiental.
Saúdos, Gabinete de Comunicación da Agrupación PSdeG-PSOE en LEIRO