Do PSdeG sobre a situación económica, financieira e patrimonial do concello de Leiro.
Os socialistas como representantes dos vecin@s do Concello e en defensa do público e a Imaxe Fiel da situación económica, financeira e patrimonial do mesmo acaban de presentar no rexistro municipal cinco alegacións á conta xeral do ano 2021.
LEIRO 26/08/2022:
Así pois ante a falta de documentación e información necesaria e suficiente facilitada á Intervención, cústanos crer que a Intervención poida validar como fiscalizada a xestión económica, financeira e patrimonial do equipo de goberno recollida nas Contas Anuais do exercicio do 2021, polo que tampouco poderá validar que a dita conta recolle a Imaxe Fiel da situación económica, financeira e patrimonial do Concello.
PRIMEIRA. O Principio de Transparencia e Bo Goberno ha de garantir a participación cidadá na actuación do Concello de conformidade co previsto na Lei de Trasparencia.
Hase de proporcionar e difundir dunha forma veraz, obxectiva e actualizada a información que obra na súa poder e que potencie a transparencia permitindo así o control para a súa xestión e sexa de utilidade para a cidadanía, para iso o Estado de Contas Anuais do Concello ha de reflectir a Imaxe Fiel económica, financeira e patrimonial do mesmo.
Doutra banda as obrigacións de Transparencia e Acceso á información, establecen para o cumprimento das obrigacións de transparencia e acceso á información unha serie de obrigacións por exemplo, o adoptar as medidas de xestión da información que faga facilmente accesible a súa localización, a súa divulgación, así como a súa accesibilidade, interoperabilidad e calidade, entre outras.
Por tanto existe normativa suficiente, como se puxo de manifesto, para manifestar que o formato no que se presenta o Estado de Contas Anuais do Concello, formada pola Intervención do mesmo, non é suficiente base para reflectir minimamente a Imaxe Fiel do estado da xestión do Concello basicamente pola falta de transparencia na dispoñibilidade da información e documentación que dificulta á oposición a labor fiscalizador e de control da xestión do equipo de goberno.
O equipo de goberno do PP está obrigado a facilitar a información de forma máis accesible e operativa, o que abundaría no dereito á información dos edís da oposición.
SEGUNDA. A externalizarían ou xestión indirecta, das de competencias municipais, vía privatización ou delegación, baleirou de contido a xestión do Concello, que non a responsabilidade do seu equipo de goberno, coa conseguinte perda de control e fiscalización da xestión dos recursos públicos e recursos privados achegados polos veciños por prestación de servizos ( Taxas auga e lixo), á vez que se bloquea a competencia fiscalizadora da Intervención no relativo á xestión dos recursos económicos destinados ao financiamento dos servizos externalizados ou xestionados de forma indirecta..
TERCEIRO. As Contas Anuais elaboradas pola Mancomunidade do Ribeiro son aprobadas en pleno municipal pola maioría absoluta que o PP ten no cinco Concello que compoñen dita mancomunidade, sen requirir, no noso caso, para iso o informe pertinente da Intervención, impedindo dese modo a fiscalización dos recursos públicos que financian os servizos sociais, a recollida de lixos, recadación, obradoiros e actividades culturais entre outros.
Hai que destacar que máis do cincuenta por cen do orzamento da Mancomunidade está financiado por subvencións e achegas da Xunta de Galicia, o vinte por cen polos Concellos e o quince por cen polos veciños.
Por outra banda as Contas Anuais da Mancomunidade do Ribeiro, foron contempladas no plan de fiscalización do Concello de Contas de Galicia para 2022, por ter en conta os indicios, irregularidades e anomalías que a oposición do cinco Concellos viña denunciando desde o 2016.
CUARTO. No servizo municipal da auga privatizado desde o 2005, tanto a documentación como os resultados da súa xestión, por parte da empresa Concesionaria, vén sendo imposible acceder á mesma para a oposición, sendo avalados persoalmente polo señor Alcalde e non temos constancia de que sexan controlados e fiscalizados pola Intervención, cando este servizo é financiado integramente polos veciños mediante o pago de taxas.
QUINTO. Na orde HAP/1781/2013, do 20 de setembro, pola que se aproba a instrución do modelo normal de contabilidade local coa configúrase a Conta Xeral, no apartado VIN. MEMORIA e no punto 2. Xestión indirecta de servizos públicos, convenios e outras formas de colaboración.