Do PSdeG sobre a utilización de medios públicos para finalidade privada no concello do Irixo

2, Novembro 2015

O portavoz do grupo municipal socialista no concello de O Irixo, Iago Fariñas Valiña, vén nos pasados días de presentar un escrito ante o que lle denunciaron varios veciños e veciñas da parroquia de San Cosme que, en pasadas datas, o tractor da mancomunidade estivo durante varias semanas a traballar na limpeza de fincas privadas en dita parroquia, que estas fincas son fincas particulares que segundo denuncian os veciños foron presuntamente cedidas en uso a un particular amigo do alcalde e tenente alcalde para, supostamente, pastoreo de animais.

Os socialistas consideran esto un feito máis da política do goberno do PP neste concello baseada na consideración do eido público coma propio e da política de amiguismo do Seu Alcalde Manuel Penedo e o Seu Tenente de alcalde Manuel Cerdeira.

 Denuncian os socialistas unha mostra máis dun concello, o do Irixo, con dúas categorías de veciños e veciñas: os amigos e familia do Seu Alcalde Manuel Penedo e o Seu Tenente de alcaldes Manuel Cerdeira e demais membros do goberno aos que se lles fan cousas gratis, e para beneficio particular (recordemos os máis de 35 mil euros máis IVE do muro no pobo do Pedrouzo que se lle fixo ao primo do Alcalde,  que xa denunciaran os socialistas recentemente) e outra categoría,formada polo resto dos veciños,aos que se atende tarde, mal ou nunca.

Pregunta, entre outras cuestións, o portavoz socialista ao goberno de O Irixo;

¿Se Existe algún tipo de procedemento para que a maquinaria do Concello e da Mancomunidade, neste caso, traballe e limpe propiedades privadas?

¿Que ten que facer un veciño ou veciña de O Irixo se non é amigo do alcalde e do tenente de alcalde para que o tractor da mancomunidade lle limpe as súas fincas?”