Do PSdG sobre o convenio para a recollida do lixo no concello do Carballiño
Os feitos acaecidos no pleno do pasado xoves 11 de xullo, desacreditan de forma definitiva á xa de por sí, nefasta xestión que ven levando a cabo o alcalde do Carballiño , ao avalar e dar complicidade á estafa da que todos os veciños e veciñas do Carballiño imos a ser vítimas por parte da Deputación de Ourense.
Referímonos ao convenio do lixo que se ven de asinar co ente provincial e que hipoteca o futuro do noso municipio para os vindeiros 30 anos.
As contas como xa denunciamos semanas atrás e recalcamos no pasado pleno, están máis que claras. Entre o gasto real do ano 2012 (443671.20 €) e a previsión de gasto para o 2013 (551185.29 €) hai unha diferencia de 107514.09 €, o que supón unha suba do 19.5 %.
A pesar das burdas intencións de Argimiro Marnotes e Martín Nogueira por disfrazar as cifras, o certo é que esa é a cantidade que o noso Concello lle vai a pagar á Deputación ao longo deste ano.
Se o desmesurado aumento da cantidade a pagar xa debería bastar para replantearse o convenio, o anuncio por parte de Xose Manuel Baltar da privatización do servizo de recollida do lixo en todos os Concellos acollidos a este acordo co ente que preside é xa o colmo da desfachatez.
O noso planteamento é moi claro e sinxelo, a Deputación vai a recibir dos diferentes concellos a cantidade de 4.5 millons de euros (o 11.11 % aportados polo Carballiño) e vai aforrar segundo o seu propio anuncio 2 millóns de euros (un 45 %).
Daquela a pregunta que todos nos facemos é ¿por qué ese aforro non repercute directamente no noso municipio, aplicando as contas que presenta a Deputación, o gasto reduciríase en 248033.38 €.
¿A que se debe que o grupo de goberno municipal non loite por un aforro que repercutiría positivamente nas arcas do noso Concello? Ao noso entender, están a pensar , tan só, en satisfacer e contentar ao seu xefe de Ourense. Neste caso financiando á Deputación a conta do erario municipal carballiñés.
Seguen a aportar argumentos pobres como a limpeza de contedores , que nos custa 20.000 euros ao ano ( o custo dunha máquina para esta función non é moito maior) ou a falacía da conxelación da taxa, cando subiron todas as demais de forma brutal, cobrando con creces a diferencia.
Non nos sorprenden polo tanto, os problemas do señor alcalde coas facturas de Vendex do seu xardín, porque, entre outras cousas, está a deixar claro que , ademais de non saber gobernar o pobo ,non ten nin idea de contabilidade.
Nós seguiremos a insistir na nosa proposta que nos parece a mais adecuada e constructiva, que sexa o propio Concello do Carballiño quen saque o concurso a recollida de lixo da nosa vila e lla otorgue a quen mellor proposta aporte para os nosos intereses, xa sexa unha empresa, a propia Deputación ou outro organismo. O problema é que así, Marnotes non pode agasallar cos nosos cartos ao organismo provincial.