Do PSdG sobre a rúa dos Canteiros e entorno da Veracruz
O Concello do Carballiño, ante a situación de descontrol na que se atopa sumido nos derradeiros meses, algo que se viu agravado notablemente dende a imputación pola Xustiza do alcalde, señor Marnotes, quen está a dar mostras sobradas de estar mais preocupado nos asuntos xudiciais que no bó goberno da nosa vila, acaba de anunciar a suposta “mellora” dentro do proxecto de urbanización do entorno da Veracruz, feito polo concelleiro de Obras, Magín Daparte, quen explicou que se vai a empedrar a totalidade da rúa Canteiros ata a súa confluencia coa rúa Conde Vallellano, moito mais alá do tramo que discurre polo entorno circundante do templo.
Este anuncio non resultaría tan estrano de non ser porque todas as alegacións feitas no seu dia polo Grupo Municipal Socialista foron descartadas polo goberno aducindo a ausencia de fondos para acomételas, deixandonos así un proxecto a todas luces incompleto. Cabe recordar que as aportacións feitas polo noso grupo foron consensuadas coa maioría de colectivos veciñais, empresariais, e culturais da vila, así como coa a Asociación Adro Novo, adicada a velar polo respeto máximo á Veracruz e á obra de Antonio Palacios, e da que parece que cuio criterio so importa ao señor alcalde cando lle da a razón e favorece aos seus intereses. Todos eles consideraron no seu dia que as propostas eran realistas e para nada encarecían nin retrasaban a execución das obras.
A responsabilidade coa que está a actúar o noso grupo na oposición quedou unha vez mais de manifesto, xa que descartamos totalmente a posibilidade de enzarzarnos nun debate en torno a este asunto, como si fixera no seu dia Argimiro Marnotes cando era o xefe da oposición, pedindo parkings subterráneos, viais de 15 metros e non se sabe cantas cousas mais co único fin de retrasar un proxecto esencial para O carballiño.
Pois, como diciamos, o pasado venres, o concelleiro de urbanismo, sacase repentinamente da manga unha partida de 25.000 euros para acometer a mellora total da rúa Canteiros. Non se entende que non se podan empedrar os camiños de sábrego que transcorrerrán polo novo espacio, ou por que non se pode construir o parque infantil que estaba previsto, ou por que non se pode acometer ninguna mellora en Evaristo Vaamonde (onde Adro Novo reclamaba o empedrado do frente da Igrexa), e sen embargo si aparecen da nada cartos para arranxar unha rúa que non é das que peor estado de conservación presenta.Cando todo O Carballiño é un auténtico desastre, cheo de baches, lousas soltas, rúas sen placas identificativas, e infinidade de demandas que dia a dia os veciños achegan ao Concello, e que son de primeira necesidade, para o señor Marnotes e o seu goberno, a prioridade é invertir 25.000 euros na rúa Canteiros.
Ado: Grupo Municipal Socialista do Concello do Carballiño.