DO PSOE de Leiro sobre "a última tomadura de pelo do alcalde" deste concello.

22, Agosto 2024

O Partido Socialista de Leiro quere saír ao paso do bando municipal do 19/08/2024 no que o señor Alcalde pon de manifesto o valor da auga como un ben escaso e esquece lembrar que é un ben, tamén, de primeira necesidade, para logo solicitar dos veciños un consumo respectuoso da auga.

Os Socialistas de Leiro consideran unha tomadura de pelo por parte do señor Alcalde aos veciños de Leiro, cando sabe por datos oficiais do concello, que os veciños sempre tiveron un consumo responsable da auga e que o único irresponsable foi el, como xestor e único responsable municipal do bo funcionamento do servizo de auga en Leiro.

Segundo os datos oficiais do concello de Leiro entre 2015 e 2021 abastecéronse 1.508.088 M3 de auga e consumíronse polos veciños 535.087 M3, lanzando unha fuga de 973.001 M3, foxe froito da mala xestión da empresa concesionaria e do inexistente control por parte do señor Alcalde, como responsable municipal de garantir aos veciños unha xestión eficaz e eficiente do servicio da auga e das taxas que pola auga pagan os veciños.

É dicir entre 2015 e 2021 abastecéronse unha media de 215.441 M3 por ano, para un consumo medio anual de 76.441 M3, dando como consecuencia unha fuga media anual de auga de 139.000 M3.

Os Socialistas de Leiro acusan o señor Alcalde de mentir e manipular a información da auga facilitada aos veciños nos medios de comunicación ano tras ano e sempre en por esta época.

Lembran os Socialistas que o señor Alcalde leva desde 2022 anunciando obras por máis de 340.000,00€, financiados pola Xunta, para reparar a grave fuga entre a captación do Viñao e a E.T.A.P do Viñao e que a día de hoxe non sabemos nada de nada. Tamén queremos lembrar ao señor Alcalde que o grupo socialista de Leiro está á espera de que lles facilite os M3 abastecidos e consumidos entre 2022 e 2023.