Embaixadores de cariño
Decía hoxe o voceiro do PP, que o que pedía a Asociación homenaxeada en Arxentina non era nin subvencións (recursos pra subvertir as súas necesidades) nin nada polo estilo senon cariño e xa está, o cal denota que este home vive nunha burbulla e non coñece a situación de Arxentina na que tanto nosos veciños alí emigrados como calquer cidadán está a pasalas canutas.
Decía que cantos máis vaian a dar cariño mellor (cos cartos do contribuinte).
Entón hai que preguntarlle cal é o proceso de selección deses viaxeiros cariñosos.
Cánto puntúa ser do PP (porque o novo candidato foi invitado cos cartos do contribuinte.
Cánto puntúa ser empresario da órbita do PP, e se nese paquete poden ir pai e fillo se puntúa tan só un dos dous.
Onde están publicados eses procesos de selección de cariñosos que viaxan de moka.
Cando vives nunha burbulla e estás tan alonxado das problemáticas reais tanto dos veciños que viven aquí como en Arxentina, perdes a oportunidade de acometer estas problemáticas con seriedade. Por exemplo, pérdeste a problemática das redes de fibrocemento (aminanto), non podes criticar unha xestión nefasta do concelleiro de cultura que anda a viaxar a Lanzarote mentras a Biblioteca pública non ten Wifi, porque ti fas o mesmo, e un largo, etc...
Eso si, moita fotito e moito selfie, pero non vos preocupedes que tomamos nota pra cando veñades a pedir a papeleta.