A empresa Prethor pechou as súas portas. ¿Alguén sabe algo máis?
Non sei se alguén se enterou de que Prethor pechou, ou máis ben mandou a
tódolos traballadores á rúa. ¿Cesou realmente a actividade? ¿Cales foron
as causas? A empresa recibirá subvencións, ¿que pasa agora con elas? ¿É
certo que só deixaron un operario para manter as apariencias e que non se
peche a nave? O grupo Punetes é un dos adxudicatarios no concurso eólico e
tiñan plans para construir novas infraestructuras na planta do Carballiño,
¿que pasa con eses plans? ¿Despiden ós traballadores para contratar novos
operarios menos custosos para a empresa cando comezen coa nova actividade?
¿Que se sabe disto no Concello do Carballiño? ¿Que opinan do tema? Gracias