Entorno da Veracruz
As obras do entorno da Veracruz levan dando que falar varios meses. Despoís
da teima por parar a obra baseándose unicamente en citerios subxectivos e
políticos, podemos admirar, en pleno mes de Agosto, o resultado. Un precioso
valado vertical e metálico que permite admirar os fermosas xestas que
abundan e crecen entre restos de cemento e terra. Ademais non resulta dificil
acceder as non rematadas beirraruas e o camiño proxectado, calquera día un
cativo deixa os xeonllos no duro cemento.
O Carballiño aspira a ser un destino turístico. De seguro que os turistas
que nos visitan estes dias admiraran o bonito que está o entorno da nosa
igrexa, moito máis acorde co templo. Seguro que Palacios agora si esta
contento e féliz co resultado.
Non sei de quen é a culpa se do entorno, se da política, si da nova
corporación, si da vella, si dos curas, si dos veciños..... supoño que son
cousas que pasan cando non se obra con lóxica e moderación. Dame pena.
Temos o que merecemos