Ese boxeador noqueado
Está visto que os/as cheerleaders de Fumega e o equipo de saraos e festexos non asimilaron a contundente derrota nas urnas e cal boxeador que se levanta do chan queren seguir o combate. Que alguén lles bote a toalla porque están a decir burradas que non favorecen a ninguén. Non se poden agarrar a un ferro candente e acollerse ás chorradas do amigo de Marcial Dorado.
4888 persoas do Carballiño dixeron que non queren que Fumega siga vendendo fume. 11 concelleiros de 17 teñen a posibilidade de cumplir co mandato que lles diu a cidadanía que non quere a Fumega e os festexeiros en solitario. O mensaxe das urnas é nítido.
Incluso podería haber un cogoberno de Fumega tutelado ou ben por Pachi ou ben por Lino. Pero o goberno de festexos e outros saraos non ten capacidade máis que pra gastar cantidades inxentes de cartos en propaganda e pra vender fume. Ou ben ten que ser tutelado, ou ben ten que sair fora, pese a quen lle pese, doa a quen lle doa.
Os/as cheerleaders do goberno vende fume tragaron tan fondo as patrañas, que teremos que facer un exercicio de boa veciñanza pra extraerlle do fondo das súas mentes as filfas que tando dano lles fan. Non é doado posto que é máis sinxelo enganar a alguén que convencelo de que foi enganado. Comecemos polo básico: Señores e señoras palmeros e palmeras do goberno de fextexos e saraos, Fumega e os festexeiros foron triturados nas urnas e quedaron como un salchichón. Un goberno de Fumega e festexeiros en solitario é un solemne disparate. O apoio que tería nas urnas é pírrico. A capacidade operativa sería nula. Sería bo pra serenar o ego de Fumega, festexeiros, e demáis palmeros. Sería un bálsamo para apaciguar a contundente derrota, pero unha aberración para os intereses do Carballiño.