ESQUERDA AUTODESTRUCTIVA
Vou escomenzar por dicir que son profundamente de esquerda e nacionalista e polo tanto militante de carnet do BNG. E o corrente de pago das cotas. Pois resulta que na política ser do BNG ven sendo como no fútbol os do Atlético de Madrid. Sufrir, perder e autodestruirse. Non se entende dende fóra, e eu como militante tampouco, esa manía AUTODESTRUCTIVA. Non chega con ter o PP coas súas políticas e as artimañas caciquís propias da dereita neste país, senón que nós colaboramos activamente. Cada vez que as cousas van razoablemente ben, sempre ven un cataclismo interno para quedar en ruinas outra vez. No caso concreto do Carballiño, o tsunami empezou coa elección do novo Consello Local, sen contar con Sofía. Algo difícil de entender. O lóxico sería contar con ela ata agora, ata o intre de escoller o vindeiro cabeza de lista. Pero xa se sabe, doutores ten a igrexa. O caso é que o BNG vai quedar sen representación no concello do Carballiño e nun intre, onde as situación do PSOE non é precisamente boiante e se podían conquerir uns bós resultados, probablemente pasaremos a unha travesía do deserto. Ou sexa, o de sempre. Dende logo eu non pretendo que o BNG sexa unha secta, un partido de si bwana coma outros que hai ben preto, máis si penso que hai que ter respecto polas opinións de todos. Entender que somos unha coalición de partidos con distintas sensibilidades E polo tanto debater, chegar a acordos internos e pensar na xente no pobo e no país. Supoño que é tarde, máis non sexamos parvos unha vez máis. Os que dirixidas ó partido por favor, lede o párrafo anterior, baixade da burra, buscade unha oportunidade de entendemento e trataremos de xogar o partido do ano que vén unidos e cohesionados ou mellor apagar as luz. GALEGUISMO SEMPRE.