Excusas baratas
Nalgún comentario anterior insinuase que o PSOE do Irixo non ía pactar con Xuntos polo Irixo porque tamén eran o PP, non é certo, e se o fose tampouco xustificaría que os dous partidos non poidesen gobernar xuntos polo ben do pobo.
O único real e que este partido, Xuntos polo Irixo, captou moito do voto dos descontentos con Manuel Cerdeira, e que antes votaban a Penedo, pero ata ahí.
E verdade que o número 2 da candidatura foi concelleiro do PP, pero a maioría, que eu sepa, non teñen carné de ningún partido, e maís, ata familias tradicionalmente votantes do Psoe teñen vínculos con esa lista.
De todas formas, como xa dixen pouca importancia ten esta cuestión, pois o único que debería preocupar a estes partidos e acatar o mandato da xente que os votou, e desaloxar a Lito da alcaldía.
Noutro comentario falase de que Iago fariñas non é un demonio, o peor do peor...e ten razón o demo era Lito ata o día 28 de maio, Iago Fariñas sólo fixo o que calquer político que se precie, decir unha cousa en campaña e facer outra despois.
Efectivamente a culpa de que Lito siga sendo alcalde repartena o 50% os dous partidos, a entrevista na radio de Iago foi vergoñenta, solo queixarse da pouca cuota de poder que lle deixaban, xa pensando na vindeira campaña electoral pero por favor ! Qué nos importa os veciños quén é o concelleiro de obras ou o de urbanismo!.
Se tes idea de traballar polo teu pobo, podelo facer dende calquer área que che toque, da igual medio ambiente ca cultura ca servizos sociais, pero parece que os intereses son outros... Que pena!
Por outra parte, polos veciños equivocase en atacar a Iago no seu comunicado, con descalificacións que solo poden alonxar máis o pacto, máis diplomacia por favor!
Espero, que estes partidos recapaciten e volvan a negociar, están condenados a entenderse, sen pacto non teñen ningún futuro, e O Irixo tampouco.