Falta de mantemento por parte do concello no colexio do Irixo
O Portavoz do Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo, Iago Fariñas Valiña, ven de rexistrar una moción na que insta ó concello Ó MANTEMENTO, LIMPEZA E REPARACIÓN DAS HUMIDADES DO CENTRO ESCOLAR DE O IRIXO.
Que como no caso do centro de saúde, o mantemento, limpeza e conservación das instalacións do grupo escolar do Irixo son tamén responsabilidade do concello, cousa que non se fai adecuadamente. Que entendemos que existe unha deixadez extrema en canto ó mantemento do centro escolar do Irixo por parte do concello.
Que non se entende como é posible que no tellado de dito centro escolar medren as árbores, maleza e se acumule lixo; isto indica unha falta total de mantemento e limpeza do seu tellado e canalización de recollida de augas pluviais. Que a falta de limpeza e mantemento no centro educativo, ocasiona que no interior do propio centro escolar, en diversas dependencias e, concretamente, na do comedor escolar, chova, sen que se faga nada por arranxalo.
Que o Concello do Irixo non atende as súas obrigas de mantemento do centro escolar permitindo que este centro se deteriore e que os cativos convivan no día a día con humidades, as cales cun mantemento adecuado non se producirían. Que os socialistas entendemos que a inexistente e a incapacidade municipal na xestión fai que o centro escolar se sume xa a outras instalacións municipais como o centro de saúde na falta de mantemento a pesares de que o concello dispón de tres concelleiros remunerados e varios empregados municipais para acometer esta tarefa de mantemento que non se fai.
Que se acompaña relación de fotografías do estado interior e exterior do centro escolar, feito que vostedes xa coñecen ou deberían coñecer. Que dito todo o anterior, o Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo presentou para a súa consideración e dada a importancia da conservación, mellora e posta en valor das infraestruturas do noso concello, insta ó Pleno municipal á adopción dos seguintes ACORDOS:
1º.- Que o Concello de O Irixo faga a limpeza e mantemento do Centro escolar de forma inmediata no seu teito e canalóns de recollida de augas pluviais e limpeza do recinto exterior cheo de maleza e lixo.
2º.- Que o Concello de O Irixo faga as reparacións oportunas encamiñadas a evitar as filtracións de auga que se producen dentro do centro grupo escolar do que é coñecedor o concello.
3º.- Que se proceda a reparación e sustitución dos elementos interiores deteriorados pola auga e humidade das filtracións nos falsos teitos e se proceda ó pintado das estancias afectadas.