Famoso cartel na pediatría do centro de saúde
Hoxe un xornal da provincia faise eco da nova do famoso cartel de pediatria no centro de saúde do Carballiño. Eu vou comentar a miña experiencia. Fun pai por primeira vez fai case catro meses. No meu circulo máis próximo tampouco é que abunden moito os rapaces. Pero os que teñen experiencia todos coinciden no mesmo a hora do centro de saúde. O pouco de nacer tiven que pasar por consulta para os trámites habituais de cartilla... Era verán e tiñan a ventá aberta, non dubidaron en pesar o rapaz diante da ventá aberta, que é onde está a báscula, a mín non me pareceu moi normal, si era verán, pero o rapaz inda non tiña 15 días. O momento máis surrealista é a maneira en que che explican o das vacunas, un auténtico show, con dicir que acabou falando da sanidade en Alemaña. (Que quede constancia que eu non sabía que había vacunas obrigatorias e outras voluntarias). A semana pasada tiven que ir a consulta e non me percatei do cartel, bronca que me criou o entrar na consulta, iso si o rematar a consulta, co rapaz so co pañal dixeronme que o vestira forá. Non sei se o meu caso é o único, pero animo a que si hai mais xente proteste. Non me parece normal o trato. O cartel quedase corto, a min mandaronme pra fora co rapaz en pañais. Si é certo, fora hai calefacción pero non ten nada que ver a temperatura que hai dentro na minúscula consulta que case non te das movido co carro, ca temperatura que hai fora no pasillo ou na sala de espera. A onde imos chegar así, a que vaia eu o urólogo e me diga que saia en calzóns da consulta, porque ten moita xente esperando e son lento vestindome. Por esa regra de tres tamén podemos dicir nós que baixen dos coches cando cheguen o ambulatorio xa ca roupa de traballo para non perder tempo vestindose. Non discuto que fagan falla máis pediatras no Carballiño, polo menos que tamén haxa consulta polas tardes, para non ter que ir a Ourense, pero esas non son formas de tratar a xente, moitos nenos o espirse méxanse, non é de recibo sair pra fora así. Os pacientes non témola culpa se somos moitos pra un só medico. En lugar de poñer carteis nas portas con solucións trapalleiras que non van ningures que falen ca dirección do centro é busquen solucións co Sergas. Máis sentido común, menos mala hostia, e máis paciencia. Abundan moito polo centro os carteis que hai que ser educados e evitar as agresións ao persoal sanitario, totalmente dacordo, pero tamén hai que tratar a xente como che gustaria que te tratasen a ti. Istes carteis non axudan precisamente a que haxa unha boa relación entre médico e paciente.