FAROLA NA RÚA COLOMBIA

8, Febreiro 2025

   Na rúa Colombia xa estamos afeitos a que o Concello do Carballiño nos desprece. Non hai mais que ver as fochancas, o alumeado, a maleza, as deposicións dos cans... pero desta vez o tema xa supera o soportable.         

Resulta que Herminia tirou unha farola colgada nun pau de madeira podre. Xa se tiña avisado varias veces do estado do poste, pero... Pois ben, desta foi. E dende ese día e xa van alá máis de quince días, estamos a escuras.  Dalles igual que sexa verán ou inverno. UNHA VERGOÑA E UNHA FALCATRUADA MAIS OS VECIÑOS desta rúa.

  O alumeado novo leva un ano coas bases colocadas e sen farolas. Nin que fora a obra da Veracruz. UN SINSENTIDO.

  Penso que non é moito pedir. Repoñer unha farola. Que haxa que ir a un medio de comunicación facer unha denuncia para que che repoñan unha farola, di moito deste concello. E logo falan de facer un estadio de fútbol. Vaiche boa