Folga de funcionarios

9, Xuño 2010

Vaia por diante o meu rechazo á reducción de soldos acordada para os 
funcionarios polo goberno do partido socialista dos OBREROS españois.
Non hai dereito a recortar os soldos como se vai facer a partir do mes de 
Xullo. Entre recortes, subida do IVE, da luz e demais, non sei como van facer 
moitos para saír adiante. Esta xente tamén ten hipotecas, fillos que 
manter, gastos coma calquer cidadán da empresa privada. Non digo que non se 
deba facer un axuste, cequais unha conxelación, para manter ó gasto 
público. Pero reducir os soldos desta xente que en moitos casos non deixan 
de ser mileuristas me parece un despropósito i é un empuxón mais para 
saír do goberno.
Pero o que si me gustaría é chamar a atención dos funcionarios ós que se 
lles enche a boca de exabruptos en canto se lles toca a carteira pero que 
están caladiños cando se trata de falar de rendemento laboral.
Como pode ser que unha importantísima maioría de funcionarios non respeten 
os seus horarios de traballo. Como pode ser que algunhas funcionarias de  
certo organismo estatal estén de terracitas tomando cafeciños toda-las 
mañáns na cafetería César, ou que se dediquen a face-la compra e andar de 
paseo polas rúas de O Carballiño cando lles ven en gana. Quen controla os 
horarios desta xente. Ou é que sobra xente neste organismo??? Pois 
que reduzcan persoal, que manden xente para onde faga falta ou que os manden 
para casa.
Como pode ser que certo persoal sanitario non se atope no seu 
centro de traballo ás 8 da mañán que é a súa hora de entrada. Non, van 
chegando a partires das 8h30, 9h, e vánse ás 13h, ás 14h. É non se che 
ocurra chegar ó médico ás 13h30 ou cerca das 14h que se cadra levas un 
rapapolvo xeitoso.
E dos traballadores do Concello, que vou dicir. Xa o sabemos todos. Se non 
hai forma de pillar ós nosos gobernantes como para pillar ós traballadores.
O outro día, na praza maior, un traballador estivo falando mais de 20 
minutos con uns veciños sin facer nada. Eso é o rendemento do traballo que 
sacamos desta xente.
Pois o mesmo podemos falar do persoal xudicial.Quén controla a toda esta xente                                       son intocables??? 
E xa non me vou referir a atención que lle prestan ós penitentes que temos 
que acudir a facer calquer tipo de xestión a un organo oficial. Mais que 
para axudar parece que están para que non os molestemos. Coñezo exemplos de 
funcionarios que pasan mais tempo nos seus despachos privados ou de empresas 
privadas para as que prestan servicios que nos seus postos na 
administración.
P.D. Perdón por xeneralizar, que tamén hai bós funcionarios. Teño 
exemplos ben cercanos, como un magnifico traballador no INSS de Ribadavia. 
Eso é ser funcionario. Axudar os cidadáns a realizar as xestións que 
teñan que facer cos organismos oficiais.
Non, ó decretazo contra os funcionarios. Sí, ó control exhaustivo do 
traballo dos funcionarios.