Golpe baixo á libertade de expresión e información no concello de Maside
No primeiro Pleno Ordinario celebrado no Concello de Maside o pasado 4 de outubro, o Alcalde e o seu Grupo Municipal Socialista impide a gravación do Pleno, solicitamos tamén dende o Grupo Popular se podería vir a Televisión do Carballiño a facelas e a contestación foi que en principio non, que non queren gravacións, así que señores dos medios de comunicación xa ven que para o Grupo Municipal Socialista son vostedes persoas NON GRATAS.
Pensamos dende o Grupo Popular de Maside que os nosos veciños deben de estar ben informados e que sería unha boa maneira de comezar o mandato coa publicidade necesaria para mantelos perfectamente conectados coa realidade do Concello, pero xa vemos no horizonte néboas e chuvascos que van a afectar a transparencia e o incremento da prepotencia deste Goberno socialista.
Intuímos o rumbo que empezan a tomar a cousas en Maside, publicidade a xusta ou mellor ningunha, transparencia pouca e dende logo esa é a maneira de actuar cando se queren facer e tomar as decisións pola calada, vamos que os socialistas se lo guisan e entre eles se lo comen.
Consecuencias lóxicas xa temos algunha, como é a non aprobación por parte do PP da acta do último pleno da sesión extraordinaria, por motivos varios, o primeiro a transcrición do que realmente se dixo no pleno non coincide co reflectido na acta, en segundo e o mais grave é que o contexto de que se quere expresar na intervención do PP non esta plasmado na acta, entendemos que non hai que poñer todo que se dixo, pero o que si é imprescindible é que na acta de reflicte o sentido do que verdadeiramente se dixo no pleno.
En terceiro lugar o Alcalde fixo una proposta con posterior votación para facer un escrito que non figuraba no Orde do Día da sesión extraordinaria, nin se presentou texto para poder miralo e valoralo, porque o escrito estaba sen facer, motivo polo que o PP votou que NON, por entender que non reunía os requisitos legais para sometela a votación.
Finalizando entendemos que das actas devense de facer un resumo, pero sempre que a información sexa exacta e veraz, nin que dicir ten que si se houbera gravado o Pleno non habería este problema.
Asinado: Luis Jorge Álvarez Ferro. Portavoz do Partido Popular no concello de Maside.