Horarios apertura supermercados

17, Abril 2025

Onte había campaña publicitaria de folletos nos portais do Carballiño anunciando o novo horario de apertura do Alcampo. A algún iluminado da empresa, que non pisou o Carballiño na sua vida, se lle ocorreu vendo os números de facturación da empresa desde que se fixeron cargo do que antes era o Dia, que o problema é o horario de apertura. Resulta que pensan arreglar o problema abrindo tódolos días do ano de 6:00 a 0:00. Obviando que o verdadeiro problema é que o Alcampo non cubre o oco de productos e prezos no que antes estaba o Dia. Ca subida de prezos que fixeron, a xente vai seguir mercando onde o faía antes é a que marchou que era cliente faino en superficies como Claudio da Uceira ou incluso en superficies de fora da comarca cando veñen de traballar.

A verdade, eles mesmos toman esta decisión, como idea tola antes de tomar a decisión de pechar. Vese ben que é temporal e que nin eles mesmos creen na idea, cando o letreiro que puxeron na 25 de Xullo é unha lona sobre o cartel de antes e non algo fixo para perdurar no tempo.

Con todo, o que quero transmitir é que todo isto é totalmente ilegal e non cumpre a lexislación vixente, este establecemento non cumpre as condicións marcadas por lei  para abrir no horario que marca tódolos días do ano. Solicito que tanto o Concello de Maside ou o de Carballiño ou o Centro Comercial Aberto do Carballiño tomen cartas no asunto é notifiquen a Xunta o incumprimento la lexislación vixente para facela cumprir e non promover a competencia desleal. Todo o mundo ten que xogar cas mismas normas.

COMPETENCIA SI, NORMAS IGUAIS PRA TODOS TAMÉN.