Ineficiente transporte público con Ourense

15, Outubro 2012

Quería protestar ante o deficiente servicio de autobuses e trens que 
unen a nosa vila ca cidade de Ourense. Non soamente referido ao número de 
frecuencias, que son claramente insuficientes, senón tamén aos horarios. 
Unha persoa ou rapaz que teña que estar en Ourense traballando ou estudando 
non pode estar alí antes de 8:30 horas, cando moitos empezan a estudiar as 
oito en punto. De mesmo xeito ocorre ao mediodía e sobretodo a noite, onde 
ou volves de Ourense no tren das oito da tarde ou xa quedas a durmir alí pra 
o día seguinte, deixando tirados aos estudiantes de UNED e algún que outro 
traballador do comercio. Parece que sería de xustiza que a Alcaldía se 
involucrase máis neste tema e intentase negociar con Monbus e Renfe unhos 
horarios e frecuencias máis acordes ás necesidades das persoas.