Máis inundacións na Avda. de Compostela

27, Abril 2015

O sábado pasado unha vez mais toda a porquería do alcantarillado adornou esta avda. a altura coa rua Piñor.Esto non deixaria de ser un episodio mais da incompetencia deste goberno municipal e dos anteriores, senon fora que a insalubridade que deixa esta situación seria denunciable e probablemente con responsabilidade para o Concello, que dende fai xa mais de cinco anos non ten a competencia de dar solución a un problema que seguramente si lles afectase a algún deles non dudarían en arranxar utilizando todos os medios económicos e materiais o seu alcance. Non sei como teñen a cara de dicir que logo hai superávit... para qué? Será para gastar en tonterias que lle entren polos ollos e maquillar a sua ineptitud. 

Repito que o problema xa ven de atrás, pero tanto como repetían que o solucionarian , esto so nos fai pensar que si non o arranxan é porque non lles da a gana. Sr. Alcalde por favor faga algo ou comprometase en serio e en publico para solucionar esta vergonza que xa tiña que estar solucionado.