Non as fagas non as temas
0 pasado venres, escoitei unhas sirenas e pensei se os reis magos se
adiantarían para vir ó meu concello. Despois pensei: "ah, xa sei, é que
mañá é o día dos inocentes!". Pois si, hoxe é o día dos inocentes, pero
isto das sirenas non ten nada que ver cunha inocentada, aínda que mellor que
o fose. Pero bueno, ímonos por serios porque o tema é serio. Como non
podía ser doutra maneira isto pasou en Boborás. Houbo pleno no
concello e paréceme unha aberración total que por enésima vez volvera a
vir, por petición do Sr. alcalde, a Guardia Civil. Que teima ten esta persoa
con chamala a todas horas! Case mellor pedimos un cuartel para o concello e
así aforramos os desprazamentos! Eu creo que este personaxe pensa que os
axentes da Benemérita non teñen outra cousa mellor que facer que atender as
súas tonterías. Paréceme un despropósito e unha falta de respeto para a
xente e para os casos en que realmente si é necesaria a súa presencia.
Mágoa que teñan que acudir ás chamadas de incompetentes! De que ten tanto
medo este señor? Se ti non as fas, non tes porque temelas...