NON TEMOS PEDIATRAS NIN MEDICOS DE CABECEIRA NO CARBALLIÑO
Onde está a xente da comarca do Carballiño? Realmente temos sangue na veas? por qué a xente só se xunta para as festas ou para o fútbol? Levamos máis de dous anos sen médico de cabecira e seguimos na mesma situación e agora sen Pediatras. O Lúns tiven vez co Oncologo en Ourense e dixome que lle mandaria os resultados das probas o meu medico, cando lle dixen que non tiña, non o creia, quedou alucinado, dixome , sabia que o Carballiño andaba mal pero non pensei que tanto.
Por favor Señor Alcande Paco Fumenga ; súplicolle, Rogolle, axeonllome ante vostede e sobre quen faga falta pa que miren por nós e loiten por os nosos dereitos básicos, solo pedimos MEDICOS PA ADULTOS E POS NENOS.
Non deixemos morrer ó Carballiño nin a súa Xente. O Carballiño é moito másis ca Festa Do Pulpo.