O ABUSO DA HOSTELERÍA
O abuso da hostelería é xeneralizado, non só afecta á rúas Principal...A hostelería é un colectivo que non ve máis aló dos seus intereses e non lles importa o mais mínimo o dereito tanto á utilización do espazo público como ó descanso dos veciños,...Hai exemplos flagrantes como pode ser o Copetín, despregando mesas e cadeiras por toda a zona de xardíns e inutilizando totalmente esa praciña para que os nenos poidan xogar ou as personas maiores pasear ou descansar nos seus bancos, o Aldara, invadindo toda a rúa na que instala a súa terraza, o Litle, o Tropicana e a Botica tamén invadindo a praciña que está detrás do concello, os soportáis do pobo están tamén totalmente invadidos.... Ademáis está a contaminación acústica, tamén xeneralizada e ata altas horas da madrugada.... Gustaríame moito que as autoridades municipais se enfrentaran a esa demostración de menosprezo hacia os veciños deste colectivo tan egoísta e desconsiderado.