O CARBALLIÑO É TERRITORIO INDEPEDENTE PARA AS NORMAS
O da rotonda do Alcampo víase vir. Pero non é algo novo no Carballiño. Estamos a costumados a facer ou mandar facer cousas fora da lei e despois toca indemnizar. É non hai máis porque a xente non denuncia. Esa nova rotonda é ilegal a todas luces e non cumpre as medidas mínimas de diámetro estipulado para rotondas dun carril. Igual que tampouco cumpre as medidas mínimas a rotonda da alameda. A rotonda do Recar podería cumplir porque hai sitio pero haberia que desplazar o centro da mesma e os entronques de Ben Cho Sei e Celso Emilio Ferreiro, pero tal como quedou non cumpre. Xa non falamos do famoso cruce do Pituxo, no que os que veñen pola dereita teñen que ceder o paso os que pretenden xirar a esquerda. Debe ser un caso único en España no que o que ven pola dereita non ten prioridade. Debe ser cousa de política, e como os chamados de dereitas non están ben vistos...