O "complot tácito" alcalde-PSOE e AV-En Marea ¿onde está a remunicipalización da recadación?
O “complot tácito” entre o Alcalde do PSdeG-PSOE, Paco Fumega, e o Concelleiro de Alternativa Veciñal-En Marea, Bernardo García, leva a que o Concello privatice este servizo ata mediados do 2020, facendo cunha gran mentira, un gran pacto fantasma pola municipalización.
Tiñan anunciada repetidas veces novidades para antes de rematar o ano 17 e a data de hoxe non se cumpriu ningunha delas, e seguen sen cobrarse as taxas menores. O prego contempla un prezo a maiores de 63.525,00€ para que a empresa asuma un posible incumprimento do cobro das taxas ás que se ten comprometido o concello.
O BOP do 5 de marzo de 2018, da publicidade ao concurso para a adxudicar a empresa privada o servizo de recadación municipal, faltando unicamente que se publique no DOG. A derradeira prórroga do contrato existente e que se fixo por medio de cesión de contrato entre empresas externas, remataba o 31 de decembro do 17, e agora, con meses de retraso se saca a concurso dando só un prazo de só 5 días para a presentación de ofertas, cando o normal, o transparente e o eficaz, sería telo sacado en outubro do 17 e dar un prazo de 30 días para ofertas e ter en vigor un novo contrato o 1 de xaneiro do 18.
O pacto “Bernardo-Fumega”, máximos responsables deste descontrol na fórmula de xestión elixida, resultará que se dos tres bancos que colaboran en materia de recadación, terán cada un deles dúas contas, unha para o Concello e outra para a empresa externa, facendo do control do recadado, un auténtico caos ao ter que conciliar un total de 6 contas distintas. Ao respecto dos pequenos cobros a facer no Concello, anunciado por Bernardo e Fumega en comparecencia conxunta a mediados de Decembro, resulta que aínda non se puxo en funcionamento, nin se fan recibos, nin liquidacións nin auto-liquidacións de taxas menores en ningún dos departamentos.
Pero este é o menor dos problemas, o problema é que nin os propios gobernantes creen nas súas posibilidades de remunicipalización do servizo, toda vez que no prego que rexe este concurso, aparece a cantidade de 63.525,00€ para os dous anos a maiores dos 618.310,00€ do contrato principal, por si a empresa adxudicataria, definitivamente tivera que facer fronte á confección de recibos, liquidacións e auto-liquidacións desas taxas menores.
O prego base para a licitación deixa en evidencia a mentira sobre que xa se está municipalizando o servizo de recadación pois a comparativa entre os 618.310 € que se fixa para a empresa e os 63.525 € no que se valoran as taxas a cobrar polo concello que non son mais do 10,22%. E que dicir de que este prego, non fose pasado, xa non dicimos que polo pleno, pois debería toda vez que incumpre un acordo plenario sobre a remunicipalización de recadación, pero alomenos que fosen o suficientemente elegantes como para pasalo por unha comisión informativa de facenda.
En resumidas contas, teremos recadación privatizada ata o 2020. ¿onde está a remunicipalización?, quizáis ao carón da mentira.
Grupo Municipal do Partido Popular.