O ENTROIDO NO CARBALLIÑO: UN ENTERRO POR ADIANTO
Non creo que teña lugar a dúbida a deficiente organización, en todos os sentidos, do entroido no Carballiño. Non é cousa deste ano, se non de que nos últimos anos pouco a pouco vai morrendo o noso entroido, comezando por adialo a outras datas máis veraniegas, eliminando animación nos días grandes... tan só había que dar un paseo polas rúas do pobo o sábado de entroido para decatarse de que ó concello non lle importaba moito atraer á xente á nosa vila.
Así foi como gran parte da cidadanía carballiñesa festexou o gran entroido en outras localidades da provincia. E non vou ser eu quen lles felicite pola fuxida, pero vendo o que había no pobo (o sábado de entroido, en todo o día e noite, tan só unha batucada ás 19h e os D.Anchoa ás 21h) menos mal que non quedaron. As rúas do Carballiño semellaban presenciar máis ben o enterro da sardiña en vez do entroido. Eso quedou reflexado no resto de días e facéndose notar inda máis se cabe o martes de entroido, con unha triste e pésima asistencia ó desfile de comparsas.
Parece ser que os representantes municipais tan só tiñan o foco posto na gran festa da cachucha que sí tivo boa afluencia de xente. Quizáis este interés débese máis á festa gastronómica que ó entroido, quen sabe, máis non tod@s temos o privilexio de ir de paparota polos grandes restaurantes da vila como se de un banquete se tratase, con invitación incluida. Quizáis, e só quizáis, a xente quere divertirse e pasalo ben no noso entroido, sen ter que marchar de aquí ou sen ter que poñer unha excusa para irnos dar un festín. Porque sí, non todo é comer e beber (inda que tamén está ben)!
Xa nin falar da suciedade... Días despois do desfile do domingo, todavía seguen inundadas as rúas do pobo de papelinas, confeti e demáis.. Calquera que vise o desfile mismamente de Ourense, observou que detrás da última comparsa iban 3 camións e varios operarios limpando todos os restos que iban deixando as comparsas... se cadra no noso pobo ( it's different, como suele pasar!) teremos que agardar ata o carnaval de verano para ver dita limpeza... inda que habería que confirmar o ano.
Para rematar, todo esto poderíase resumir nun par de frases memoriables e habituais nos altos mandos locais: "Éche o que hai" ou, moito máis profunda: "A vida éche así".
VIVA O ENTROIDO!