O fiasco do pulpo
Tras a inaguracion do gran parque infantil de Toscaña. So queda darlle a noraboa os nosos representantes por non verificar a seguridade das instalacións, posto que xa non e o primeiro neno que se manca.
Según parece a policía precintou o trebello, pero como parece coña, ou incluso unha trasnada de algun rapaz, sacan as cintas e seguen xogando.
Resulta que no interior dos tubos existen deficiencias que causan cortes e danos os usuarios, pero mostra que non ten importancia posto que cun par de cintas indicativas de policia local, xa se solucionou.
Aparte de eso felicitar a o alcalde e a sua corporación por a gran inaguracion que fixeron, ademáis de non verificar o trebello olvidaronse de instalar unhas papeleiras, e unha simple fonte de auga potable verificada sanitariamente, posto que o non existir unha sombra nos arredores por o menos permitir que a rapazallada poida refrescarse e hidratarse.
Finalmente indicarlle que na gran obra esqueceuse das escaleiras automaticas, como o seu homólogo de Ourense, posto se ten que subir algun adulto un par de veces, e incluso algún cativo, non hai corpo que o resista . Esto último a modo de ironia.
O que e serio e vergoñento, e que teñamos un trebello con deficiencias graves sin subsanar, causando continuos danos a cativos e un recinto infantil sen papeleiras.
Vergoñento.
E a oposición subindolle o soldo a estes ineptos, perdon, representantes.