O Irixo: nin que fora obra de bruxería
Nin que fora obra de bruxería o que anda a acontecer polo Irixo ¿Ónde quedaron aqueles bailes do abanico e aqueles fogos de artificio os días das eleccións municipais?
¿Ónde vai a felicidade e os abrazos de Juan manuel a Susana Iglesias que enchían a recta do abanico? ¿Qué pasaría nos entresixos da casa consistorial e na casiña da señora Carmen? para o que fora precursor de Xuntos polo Irixo se proclama agora xente non grata na Alcaldía e ata se lle acuse de levar os estandartes na súa parroquía, ainda non hai tanto Señora Alcaldesa , bailaba vostede arredor da capila do San Marcos ¿Non se lembra?
Despois do espectáculo que dou vostede no pleno que nin foi correcto nin axeitado , moito o meu pesar polo que alí escoite e vendo o que vostede dixo hoxe na radio , ten a memoria moi corta, sobre todo cando se trata de xurgar os demáis e non as súas actuacións, non debe ter claro vóstede quén a puxo ahí, e eu como moitos veciños e veciñas vimos observando que o sillón da alcaldía faina cada vez "un poquiño menos humilde" que a bata da farmacia, ten que entender que a ustede non a elexiron os veciños senon unha coalición que se ve de lonxe que non respeta nin respetará, porque o que non lle lambe o pé estorba.
Sin darse conta vai contra todos, incluso contra aqueles que lle aprobaron os presupostos, xa que votaron a favor ,como vostede ben sabe, ¿ Tanto lle estorban os que lle deron o bastón?
Menos mal que vostede so mira polo ven dos veciños e a política pouco o nada lle importa. Non nos quedou moi claro o que pasou cas subvencións e de ser ou non legais, no Irixo coñecemonos, a veces demasiado de ben , e facer o que se critica de outros, tampouco di moito de vostede.
Por iso que máis lle valera, deixar a un lado os resentimentos e os seus propios complexos e as actuacións e actúar ,non no ben seu, senon dos veciños e as veciñas do Irixo.