O Modelo Carballiño

1, Febreiro 2021

Con 47 anos( todos eles vividos no Carballiño) creín que xa poucas cousas me sorprenderian, pero non.

Vimos de rematar un Nadal esperpéntico no nosa Vila: bares con moita xente todo o Nadal, bares onde a condensación era palpable dende fóra, bares con grupos de 6,7,8 persoas.... etc etc  

¿Éste é o Modelo Carballiño?, un mes no bar e outro na casa ou hospital (ou no tanatorio)??

Seguinte sorpresa, Feijoo. Abre peches perimetrais nas datas máis sinaladas, emerxe coma o salvador do Nadal e.... ¿Agora? 

Agora bótalle a culpa ó Goberno Central.

 

E a mais grande de todas: Gonzalo Caballero preséntase no Carballiño para loar ós nosos veciños.... Solo lle faltou pagar unha ronda nalgún bar.