O progreso chega a Punxín

4, Setembro 2014

Queremos felicitar ao "intelectual" que goberna no concello de Punxín polas "intelixentes" medidas que tomou recentemente. A primeira, para demostrar que a auga vale o que dice él que vale, contratou a unha tal fontanería Villar, que "supostamente" toma mostras diarias para analizar e cobra 20.000 Euros ao ano, traballo que antes facía un veciño que así gañaba un salario de 600 Euros/mes por media xornada. A segunda contratar a impeza de fosas sépticas,que antes costaba 600 Euros /cada, por mais de 1.000 euros, con o cal conseguirá probar que a concesión da auga costa mais de 80.000 Euros en lugar dos 45.000 que os economistas dos veciños probaron nas suas contas. E finalmente porque, aínda que non ten para baixar o prezo da auga, nin para arranxar os buratos das pistas do Concello, nin para limpar en previsión de lumes, nin para contratar brigadas de desbroce, agora tuvo a "xenial idea" de construír un aparcadoiro para que os veciños que van coller auga á fonte da Aguieira teñan onde deixar o coche, porque no lugar onde se parou a vida enteira colocou unha sinal de "prohibido parar".