O PSdG alerta da precariedade do servizo de emerxercias

28, Novembro 2012

A Agrupación Local do PSdeG-PSOE quere alertar sobre o precario estado no que se atopan os servicios de emerxencia unha vez que o Grumir quedou dende o pasado 24 de novembro con tan só 3 efectivos e, ademáis, a día de hoxe a Xunta de Galicia non foi quen de rematar o Parque de Bombeiros. Hai que lembrar que o alcalde do Carballiño e o conselleiro da presidencia aseguraran na Mancomunidade de Concellos que o servicio de Parque de Bombeiros estaría rematado este mesmo ano, se ben no pasado Pleno o goberno deste municipio ainda prorrogaba a súa partida asiganda para a construcción do Parque ata o vindeiro ano. Esta agrupación lamenta a falta de compromiso por parte do Concello e Xunta que non teñen reparos en deixar sen servicio de seguridade ó Carballiño e prescinden dos Grumir sen contar co servicio de bombeiros xa funcionando.

Ata o de agora, o grupo municipal de emerxencias contaba con 12 traballadores, dos que 9 causarán baixa ao rematarlle o contrato laboral. Esta mesma situación aconteceu o pasado ano, onde a Xunta decidira prescindir de parte deste servicio a pesares de non contar co Parque xa rematado. Sen embargo, e debido ó grande risco de non contar con persoal de emerxencias, decidirase xa entrado o ano a contratación dos habituais GRUMIR.

Por outra banda, o mapa de emerxencias de Galicia, que a Xunta acordou coa FEGAMP, contemplaba a desaparición dos GRUMIR este pasado ano naqueles concellos que contan con parques de bombeiros. Sería éste o caso do Carballiño, pendiente da posta en marcha do parque comarcal de bombeiros o ano que ven, se ben, resulta lamentable que se prescinda deste persoal que a día de hoxe é o único que pode garantir as emerxencias neste concello, reducindo a súa operatividade, ao quedarse só con 3 efectivos, é dicir, os que viñan exercendo como encargados dos 3 turnos.

A Agrupación Local do PSdeG-PSOE pregúntase que pasaría se acontecera un sinistro no Carballiño con certa gravedade e con necesidade de contar con persoal con certa preparación para solventar unha emerxencia con certa garantía. Pregúntase tamén cál é a responsabilidade tanto do alcalde do Carballiño como do presidente da Xunta de Galicia no caso de acontecer unha eventualidade de carácter grave neste Concello. Deste xeito, desexamos denunciar a desidia e falta de previsión das autoridades responsables de garantir a seguridade dos cidadáns.