O PSOE denuncia a falta de transparencia na Mancomunidade de Concellos do Ribeiro
Os socialistas do Ribeiro, pregúntanse en que se diferencia a política do Presidente Alfonso Rueda da de Alberto Núñez Feijoo, ou a de #Luis Menor da de José Manuel Baltar, pois calquera deles seguen impostando nos investimentos con todo tipo de alharacas, para despois desentenderse de como se xestionan por parte dos seus alcaldes os medios adquiridos co diñeiro de todos. Consideran os Socialistas do Ribeiro que polo menos a Conselleria de Medio Rural debería tomarse a molestia de ler o informe do Consello de Contas de Galicia do 2022 no que se tento, por primeira vez, fiscalizar a contas das Mancomunidades de Galicia do período 2016/2021 e no que se recolle a imposibilidade de validar como información útil a información achegada, impedíndolle deste xeito a elaboración dun informe fiscal serio e rigoroso.
Os Socialistas do Ribeiro veñen desde 2017 denunciando as incoherencias das magnitudes económicas e conceptos que se recollen nas contas da Mancomunidade e como reflicte agora o informe do Consello de Contas de Galicia entre outras anomalías. Cremos necesario lembrarlle á Xunta de Galicia que é a que financia preto do 60% do orzamento da Mancomunidade do Ribeiro, polo que está obrigada a velar pola xestión eficaz e eficiente dos recursos públicos de todos, pero como sempre o mellor é mirar para o outro lado, a pesar da existencia do informe do Consello de Contas.
Só catro datos do Servizo de Protección Civil, Prevención de Extinción de incendios no período 2017/24 prestado pola Mancomunidade. a). O custo total deste servizo paso de 112.058,42€ en 2017 a 171.007,03 € en 2024, é dicir un incremento do 52,6% en oito anos. b). O parque de maquinaria da Mancomunidade componse de catro rozadoras, dúas motobombas, dúas multilif, unha pa, un tractor e unha cabeza tractora. c). As horas traballadas por estas maquinas en 2017 foron de 1.559 horas, un 10% das 15.714 horas laborables dispoñibles para traballar e 1.026 horas traballaron as maquinas en 2024, un 5% das horas laborables dispoñibles. d). Os datos de consumo de combustible e reparacións das maquinas no período 2017/2024 reflicten magnitudes económicas totalmente incoherentes.
Desde o Ribeiro agradeceriamos á Xunta de Galicia e á Deputación que ademais de vendernos eses proxectos e investimentos como motores económicos e dinamizadores da zona e creadores de postos de traballo, comprométanse a que de verdade sexan motores de longa duración e creadores de postos de traballo, controlando e fiscalizando a execución e o logro dos obxectivos do proxecto, esixindo á Mancomunidade do Ribeiro o cumprimento da normativa vixente no relativo á elaboración das contas da mesma, segundo o Consello de Contas de Galicia, un cumprimento que a Mancomunidade do Ribeiro segue sen recoller nas contas do 2024.