O "renovado" BNG do Carballiño

17, Xaneiro 2025

Onte foi anunciado un novo consello do BNG carballiñés para máis gloria da UPG local. Ese partido político, a Unión do pobo galego, que nunca foi xulgado polos votantes galegos porque para iso ten a vergoñenta cobardía de se agachar trala bonita marca do BNG. Onte, recurrindo o seu nutrido grupo de octaxenarios, septuaxenarios e outros xubilados ou case xubilados decidiron que o liderazgo de Sofía García era pouco productivo. Cabe pensar cómo vai ser productivo cando todo ese colectivo tan "activo e socialmente integrado" nunca, nunca, deron un paso para aportar ideas, traballo, apoio moral ou, sequera, os seus propios votos, a pesares da persistente disponibilidade de Sofía a recibír as súas aportacions. Xuntáronse depresa e correndo, sen dar voz nin explicación, explotando a posesión que manteñen das estruturas organizativas e que só usan para, coma neste caso, cortar a cabeza de quen non comulga e milita nas súa ideoloxía e, como pasa con Ana Pontón ou no seu día con Quintana, acada un liderazgo suficiente que escureza a súa coralidade, esa masa amorfa que non dá a cara mais que para fender ó medio calquera opción de medrar que teña o BNG, xa qué se o BNG medra igual perden o seu control, ou igual medra deixando de ser tan comunista e independentista como eles precisan que sexa.
E non deron a opción de construir un consello local no que ela ou algún membro do anterior consello puidese participar e aportar. E non deron a opción de recibir neste ámbito oportuno da Asamblea as merecidas explicacións que o Consello saínte reclamou pola súa expulsión. E non deron a cara, porque recurriron a figuras de emerxencia que o regulamento interno do BNG garda para situacións excepcionais e críticas. E non deron a cara porque a pesares de poder acadar o mesmo resultado cos seus medios preferiron agocharse nas saias do órgano directivo superior, Ourense, evidentemente tamén dirixido pola UPG. E non deron a cara porque aínda que o consello local contará agora cos máximos expoñentes da UPG carballiñesa, entre eles dona Áurea Francisco, consideraron que non quedaba ben poñela a ela á fronte, esa persoa que dilapidou o capital electoral do partido no 2011 e "se esfumou" sen demitir practicamente todo aquel mandato. E non deron a cara porque optaron por poñer á fronte a un exmilitante ou simpatizante do BNG e de outros partidos políticos que tivo no seu día a oportunidade de demostrar moito pero que tampouco fixo nada de nada polo BNG.
Ónde estaban estes anos nas moitas e sucesivas loitas nas que o BNG do Carballiño tivo que plantar cara a gobernos locais inoperantes ou mal operantes. Ónde estaban neste plenos municipais con cadeiras para o público valeiras ou ocupadas só por simpatizantes do PP, ESCO ou do propio PSOE. Ónde estaban cando se organizában concentracións, manifestacións e repartos. Ónde estaban nas campañas electorais, nos mitins, nas pegadas, nas megafonías, nas mesas, nas celebracións e nas derrotas. Alguén os viu? Non, estaban na cova.
Estes individuos só saben meter paus nas rodas e, a verdade, sábeno facer moi moi ben, levan case 50 anos a facelo: collen unha cara nova, deixan que coa sua sangue e esforzo alimente a árbore vella e medio podre da UPG e, cando esa pobre según eles, persoiña, acada certa autosuficiencia e pode chegar a poñer en perigo o seu control.... guillotina.
Ánimo Ana Pontón, que tí eres a seguinte