Obras ben feitas... Outra máis

8, Febreiro 2025

Quero denunciar o estado da rúa Caravel (entre a San Cibrao e Aquilino Sánchez), recentemente pavimentada con lousa de pedra moi bonita. Non ten moito máis dun ano coa obra rematada. Pois ben, a maioría das lousas están soltas, algunhas rotas e outras levantadas. Cando pasas co coche parece que vas tocando o tambor.

Non estaría de mais que os nosos gobernantes esixiran á empresa contratista e os técnicos encargados do proxecto a reparación deste desastre, antes de que remate a garantía. Igual ese pavimento non é o máis idóneo para a circulación de vehículos (e eso que por alí non pasan moitos).

E senón, se é moita molestia, deixar correr o tempo e anotar unha máis no libreto das chapuzas realizadas últimamente no Carballiño, e en dous anos máis botámoslle asfalto por enriba e listo.

Saúdos