OPINON OBXETIVA DO FUTURO CENTRO DE SAÚDE
Estanse a dicir cousas do futuro centro de saúde que non son certas. Non me meto si o alcalde mandou unha, dúas, tres ou cincuenta propostas de ubicación. Mandaría as que tiñan algunha posibilidade de ser escollidas. E polo que se lee mandou a propiedade preto do actual centro de saúde que o prezo ronda os 300.000 euros, barata tendo en conta as burradas que se piden polas outras. Porque, que eu saiba, agora que tanto falamos da Fundación Irmáns Prieto e do seu legado, non é previsible que haxa algunha alma caritativa no 2022 que queira donar un terreo polo interese público e que o seu nome e apelidos perduren no recordo da cidadania. Dito isto, unha aclaración: a Xunta solicitaba 4000 metros para construir, en ningún momento cambiou as condicións, que se repartían en 2000 metros para aparcamento e 2000 metros para as consultas.
Non digo que que me guste máis ou menos a parcela da estación de autobuses, pero cumpre os requisitos esixidos e por riba non custa un céntimo os cidadáns do carballiño. A actual estación anda preto dos 2400 metros por planta. Pódese construir o aparcamento de 2000 metros na cota das actuais dársenas de autobuses, e a planta de consultas a nivel da avenida do Balneario con outros 2000 metros.
Para os que din que non gañamos servicios, dicir que pasamos do actual centro de saúde de 1100 m/2 co PAC incluido a 2000 M/2 (80% máis).
O único punto negativo, que non é un detalle menor, e que tamén o tiñan todas as outras propostas con excepción da parcela preto do actual centro de saúde, e a distancia a actual base do helicóptero.
Confío en que se teña en conta polos profesionais que redacten o proxecto, e senón que tomen nota os políticos locais que sei que len esta páxina para solicitalo a quen corresponda no proxecto.
A base para o helicóptero pódese construir sen problemas no teito do centro, deixando unha torre para ascensor e escaleiras como ten a Comisaria de Policia en Ourense. O acceso aéreo pola parte posterior do rio inda e máis doado que cando aterraba na estación de tren.
So pido deixar as demagoxias e os intereses a un lado. Hai que ser obxetivos e propoñer solucións para o ben de todos.
Saudos