A oposición
Coincido co análise da Alameda. Se existira unha oposición como Dios manda o da Alameda estaría arranxado antes de crearse o problema. Pero a oposición está máis ocupada en recibir homenaxes e caricias do goberno. Concretamente o PP, que segue coa súa estratexia de consentir aberracións como unha suba discrecional de 200.000 euros en subvencións a asociacións en período electoral. Hai que felicitar ao PP pola súa estratexia de pactar orzamentos co PSOE antes das eleccións, e por estares tan orgullosos de recibir as palmadiñas do PSOE. Sen dúbida acadaredes o que esta estratexia implica, a nada. Non lle boto a culpa ao PSOE, se eu tivese unha oposición como o PP do Carballiño duplicaría as homenaxes, é máis, tentaría alimentala con mel e cervexa, non vaian a constiparse. Son todos moi bos rapaces, tanto os do PP como os do PSOE, ¿pra qué malos rollitos?
O lamentable é que a única oposición está sendo a de Espazo Común e BNG, e Espazo Común ten o difícil reto de liberarse de complexos e do síndrome de Estocolmo por teres as súas orixes no grupo que goberna. Mimbres para facer unha oposición como Dios manda si que teñen. A ver se amosan bemoles.