Os ordenadores na Casa do Concello
Na casa do concello hai unha aula de informática na cal, aparte de impartirse cursos nela, os cidadans poden acceder gratuitamente a internet polas mañáns. Dende esta semana dos 16 ordenadores que hai nesta aula só funcionan dous o que supón un contratenpo para as persoas que non temos internet na casa e se a eso lle unes o feito de que se os dous ordenadores que funcionan estám ocupados e a xente que os usa bota moito tempo facendo consultas neles a demais xente tense que ir para casa frustada por non poder usalos. Por este motivo quero pedir ós responsables municipais que arranxen este problema, por que dende que cesaron ó informático que se ocupaba do mantemento destes ordeandores o funcionamento desta aula de informática vai de mal en peor.