Os perxuizos da subida á Cabanelas
Dende hai un par de semanas, e sobre todo estes días previos ó evento os
veciños estamos a sufrir os efectos do rallie "Subida a Cabanelas":
- pese a estar prohibido, os participantes veñen a ensaiar sobre todo á
noitiña pondo en perigo ós demáis conductores, xa que andan coma tolos.
- o día do rallie teñen cortada a estrada que vai a Cabanelas impedíndolle
ós veciños calquer movemento. O ano pasado, por exemplo tiveron cortada a
estrada 10 horas que me parece "excesivo". Hai xente que por motivos de
traballo precisa de moverse pola estrada e lle perxudica seriamente.
- pese a que a organización ten a obriga de limpar unha vez rematado o
evento, é vergonzoso o estado no que quedan as cunetas, cheas de lixo.
- o nivel de ruído é excesivo durante o evento, aparte de sufrilo as
persoas ,os animais tamén se ven afectados (o seu comportamento cambia
durante uns días)
Sen máis, esta é a opinión que me merece este evento ó que chaman
"deportivo" e que está a interferir na tranquila vida cotiá dos veciños,
ademáis de ter uns efectos mediambientais que ninguén parece ter