OS POLÍTICOS DO CARBALLIÑO NON USAN O TRANSPORTE PÚBLICO
Isto xa é inaguantable. Pasan os meses. Outro mes mais e outro pleno mais e sigue sen levarse a pleno por ningún dos grupos que forman a corporación a adhesión do Carballiño ao plan de transporte metropolitano da Xunta para a provincia de Ourense.
Que sí. Que xa sabemos que aínda non está funcionando dito plan pero iso non foi excusa para que outros concellos xa pedisen a súa integración fai bastante tempo (anos incluso). Aquí estamos como estamos. Preferimos levar a pleno mocións repetidas e duplicadas no tempo como a de Espazo Común da ampliación do túnel de Rapariz (xa aprobada nun pleno anterior fai anos). Que os políticos do Carballiño non usan o transporte público é unha realidade. Tampouco vamos a ser inxenuos e pensar que aos do fotogoberno PP-PSOE lles importa moito o tema xa que eles están cos seus soldos e as súas fotos.
Pero aos de Espazo Común e ao BNG estando na oposición non deixa de extrañar que non leven tal proposta. Parece que nin os mozos nin os vellos (principios usuarios do transporte público) somos un bo caladeiro de votos. E sin embargo votamos coma os demais. Ver para creer. Ao final os perxudicados somos os de sempre que non temos coche particular.