Outra chapuza urbanística en Berán
Berán-Leiro: 09/2009
Son un veciño da parroquia de Berán, no Concello de Leiro: diríxome a este medio de comunicación para deixar patente o que considero unha neglixencia reiterada do Concello de Leiro e o seu Alcalde, como máximo responsable. Quero denunciar a actitude irresponsable, improcedente e "caciquil" de dito goberno local ante a demanda de diversos veciños de Berán que, dende o anonimato, reclaman a intervención de oficio por parte do concello, respecto dunha obra en construcción preto da área recreativa da carballeira de San Roque, en Berán.
Debo aclarar que o anonimato obedece á denigrante actitude descriminatoria ou ás represalias persoais que se puideran tomar contra quen, en definitiva, defende o cumplimento da Lei. Para tales reclamacións a resposta do Señor Alcalde consiste en "pechar os ollos" e "voltarse xordo". Ante tal actitude non queda máis remedio que recurrir a outras instancias que fagan valer a legalidade vixente.
Resulta paradóxico que as delegacións correspondentes en Ourense, ou mesmo dende Santiago de Compostela, interveñan con máis rapidez que dende o propio goberno Local de Leiro. Como Pilatos, lávanse as mans ante o que lles compete vixiar e denunciar de oficio cando é evidente a ilegalidade.
Pola contra, neste concello sempre dirán "que non saben de qué obra se trata" e si un veciño atrevido quere facer patente ou denunicar algunha ilegalidade, sempre teñen a quen colgarlle o morto provocando deste xeito a confrontación entre veciños.
Quizá deba recordarlle a D. Francisco, Alcalde de Leiro, que non é misión dos veciños denunciarse mutuamente, ou velarse uns dos outros para ser cumpridores da Lei. Sen embargo, si é responsabilidade e obriga dende o Concello velar e facer cumprir a Lei, sen distinción de amigos ou inimigos, partidarios ou non, posibles votantes ou non.
Por último, quero referirme á obra en cuestión que considero que incumple tódolos parámetros legais, habidos e por haber: áchase na carretera que transcurre entre a Igrexa Parroquial de Berán e a subida a Orega, concretamente onde se celebra a Romaría do San Rouqe, a carón da capela do mesmo nome. Dita obra, realízase nunha área, que no PXOM (proxecto urbán do Concello de Leiro) se contempla nunha Zona Dotacional e que aínda está pendente de aprobar. Non respeta a distancia entre as fincas lindeiras, nin alturas, nin distancia ou liña coa carretera municipal. Aparentemente polas dimensións, trátase dunha futura nave industrial.
Esta obra atenta contra o patrimonio cultural ó non respetar as distancias de protección contempladas na Lei de Protección do Patrimonio Cultural e Artístico de Galicia: circunstancia condicionante, porque esta obra dista a menos de 100 metros do Cruceiro da Capela e San Roque en Berán.
Para rematar, gustaríame remitirlle ó Alcalde de Leiro, D. Francisco seis cuestións que calquera veciño se podería plantexar: