¿Para cando as atraccións das festas e as feiras quincenais na avenida do Arenteiro?
Pregúntome se algún goberno municipal terá a valentía algunha vez de levar os postos das feiras quincenais así coma en tempo de festas patronais as atraccións, escenarios e demais tinglado para o parque municipal e á avenida do Arenteiro. O perxuízo que causan na miña opinión poñéndose no centro do pobo é demasiado alto. Rúa cortadas ao tráfico que dificultad a circulación normal, a carga e descarga para os negocios nalgúns casos faise demasiado complicada, reducción considerable de prazas de aparcamento nun pobo que xa de por sí ten poucas... ¿Que gobernante se atraverá a acometer tan necesarios cambios? ¿Non din que o centro de saúde vai para a estación de autobuses? Pois co previsible incremento de tráfico nesa zona sería o momento perfecto para empezar a trasladar todos esos postos da avenida do Balneario para despois continuar co resto. O centro do Carballiño debería quedar libre.