Para ir ó pleno deixen os móbiles na casa
Dende que se ven os plenos televisados estou que non dou creto coa actitude
que teñen certos concelleiros/a durante a súa celebración. E que non é
extrano velos (sobre todo ao Señor Rodrigo) xogando co móbil,
whatsapeando, falando coa sua compañeira, poñendo caras de aburrimento...
etc. UNHA VERGONZA E UNHA FALTA DE RESPETO . O certo é que van ao pleno e
non fan nin caso a persoa que nese momento ten a palabra, a qué van, e ante
esta situación eu pregúntome "¿terán a pouca vergoña de cobrar despois
as dietas pola súa asistencia?, ¿vostedes saben onde están? ¿ao mellor
pensan que están no bar?
Xa o sei, as veces algúns votan un discurso que aburre ata as pedras, pero
señores concelleiros deben ter un pouco de respeto a institución e si non
lles interesa o que alí se debate e lle resulta aburrido, quédense na casa
que polo menos aforranlle uns cartiños ao Concello. ¡Hai que dar exemplo!,
despois pedimoslle aos nosos nenos e xovenes que non leven os móviles a
clase, que non falen co compañeiro mentres explica o profe, que non coman
chicle... E QUE ATENDAN...
En fin, é lamentable ver o pouco interese que se mostra polos problemas do
Carballiño, as caras que poñen de aburrimento, que xoguen co móbil e que
falen co que teñen ao lado... Poñan orden nese pleno e por favor APAGUEN OS
MOBILES OU QUEDENSE NA CASA que da pena ver o pouco saber estar (Creo que xa
son maiorciños, ata o meu neno se sabe comportar mellor que algún que da
pena velo), vaia exemplo lle dan a xuventude.
Invitolle aos veciños cando vexan o pleno televisado que se fixen, algún
concelleiro non lle quita os ollos a maquinita (un día leva a play station
ao salón de plenos ou ponse a xogar ao subastado coa compañeira)
Por certo ao que non atenda que non cobre, eso como mínimo porque para estar
de corpo presente compramos uns maquíes.