Paradas de taxi

6, Outubro 2023

Bos días. Gustaríame comentar unha desagradable experiencia que me sucedeu esta semana. O pasado mércores tiña que ir a Ribadavia ben cedo e estiven chamando por teléfono á parada de taxis da Alameda desde as oito en punto da mañá ata as oito e media sen que ninguén contestase. Como non había resposta decidín acercarme eu mesmo ata a parada e comprobei que efectivamente non había ningún taxi. Quedeime alí esperando ata ás nove en punto e non apareceu ningúen. Finalmente vendo que xa non chegaba a tempo á miña cita en Ribadavia desistín e marchei para a miña casa cabreado. Estas cousas non pasaban fai anos cando había máis dunha parada de taxis no Carballiño. Daquela había taxis na Alameda, na Praza Maior do Concello, na Praza dos Liborianos e ata nas estacións de buses e de tren. Polo que se non atapabas taxi nunha delas sempre podías probar noutra. Esto último tamén mo fixeron notar turistas que veñen ao Carballiño e chegan en bus ou tren e se atopan que xa non é frecuente que haxa un taxi esperando na estación ás horas das principais chegadas. Remato para dicir que so pretendia desafogarme un pouco e espero que no futuro este tema dos taxis e do transporte público en xeral mellore e non pasen situacións coma ésta de ter que ir a outra vila ou cidade e non poder por falta de alternativas. Un saúdo.