Peche das escolas infantís no mes de agosto
Gustariame expresar o meu desacordo co peche dalgunha escola infantil do Carballiño no mes de agosto, porque somos moitos os pais que traballamos ese mes e non temos ningun familiar que poda facerse cargo das nosas
crianzas.Suponse que as escolas infantis as que levamos os nosos cativos adaptanse a vida laboral dos pais e nais,pero non é asi.
A moitos pais nos gustaria que o Concello buscase unha alternativa,que crease un aula para estes nenos que non teñen a sorte de que seus pais teñan libre o mes de agosto e realmente non sabemos que facer con eles.Porfavor buscade unha solucion porque outros anos a escola infantil non pechaba e este si,pillounos de supeto e estamos dando voltas dun lado pa outro e non sabemos que facer.Graciñas.