Pese a quen lle pese
Se O Carballiño berrase alto o cambio daríalle a maioría absoluta a Espazo Común, ou ó Partido Popular ou ó Bng, mais nada diso sucedeu, pese a quen lle pese.
Os veciños e veciñas do Carballiño concedéronlle unha maioría simple ó Partido Socialista, e con esa maioría simple D.Francisco Fumega pode gobernar perfectamente coa axuda dos outros tres partidos postos pola cidadanía na oposición, sempre e cando queiran cumprir co papel que a cidadanía lles demanda.