Politica no grupo anti-tanatorio
Moi boas, eu son una veciña de Evaristo Vaamonde que como moitos outros levo
tempo preocupada por a noticia de que van poñer un tanatorio nesta calle.
A falta de información fai que moitos estemos aínda mais inquietos e creo
que xa é hora de que veña algunha persona a explicarnos de que vai todo
esto, sexa o alcalde ou sexa outro persona do ayuntamiento.
Pero sobre todo escribo para deixar claro que a chica que falou na cope como
suposta representante dos que estamos en contra do tanatorio, a min non me
representa, e a moita xente coa que falei tampouco.
Queremos manter a política fora deste asunto e esta rapaza, que non sei quen
a escolleu, deixou claro que defende os intereses do alcalde. Falei con
moitos que están enfadados por este asunto
Espero que a xente desa plataforma tome medidas pronto e non permitan que
ninguén vencellado os partidos politicos fale no noso nome, pois eso non é
o que queremos.
Eu tiña pensado acudir á manifestación do sabado pero espero que antes se
aclare este asunto e se nombre un portavoz que non este con ningún partido
nin teña nada que ver coa política.