Por alusións persoais volvo a contestarlle
Non sei e qué mundo vive vostede pero como non son experto en doenzas non lle podo axudar.
Di vostede que é cívica, ética, e atende aos seus menesteres, e cando di que ve centos de persoas hacinadas nunha terraza sen mascarilla non é capaz de dar aviso aos axentes da autoridade. Supoño que se ve unha violación ou un roubo vostede fará o mesmo posto que é vostede moi cívica e ética (nada). Sin embargo é capaz de desatender as súas obrigas e menesteres, pra vir aquí de forma anónima a querer dilapidar a todo un sector, importantísimo para a vila.
O seu atrevemento non ten parangón, e atrévese a insinuar que eu formo parte da hosteleiría. Se quere a partir de agora vostede, que é tan cívica e ética, e pensa que todo o mundo pensa como vostede, aporta a súa identidade, e eu farei o mesmo. Como vostede cre que é tan cívica e está convencida de que a culpa é dos hosteleiros e miña, non ten nada que temer.
Ten vostede argumentos bastante cómicos, di que en xunio, xullo e agosto os bares estaban vacíos, e que a xente estaba fora ¿Onde? En Pernambuco? E fora non había bares?? Non hai bares na costa? Pero é que se a xente estaba fora vostede non podía velos porque como vostede tamén é xente (levándoa ben), tamén estaría fora. Pero os que non estábamos fora poidemos observar que os bares estaban cheos dentro dos aforos permitidos.En xuño a xente estaba fora?? Pero se rabeabamos todos por poder tomar un café tras a desescalada!!! Paseaba pola rua do paseo en xuño?, en xullo? en setembro? E qué me di do substituto das festas do Polbo. Non viu unha entrada rozando os topes dos aforos permitidos? Ou tamén estaba fora. Que sorte ten que bota fora catro meses (tendo en conta o pouco que lle quere á vila cando quere destruir o seu principal motor económico).
Vostede si que non di nada a xeito, o único que fai e destruir, pero non é capaz de facer unha chamada as autoridades se fora certo eso que di que viu, e a súa excusa é porque vostede non é poli de balcón (outro latiguillo absurdo de rebano). Vale, non é poli de balcón, pero pode que sexa pregoeira de web. Eso sí, pregoeira tapada con sábana branca.