Por un 2023 no que conte O Carballiño
Fai pouco comezamos o 2023, que agardemos sexa un ano de felicidade e prosperidade para todos vos, aínda que outra banda temo que sexa o ano da continuidade, dos asfaltados de última hora e o de sempre, O Carballiño e o segundo concello da provincia de Ourense en número de habitantes, provincia que Baltar tanto di amar, pero que posteriormente non se traduce en feitos e en investimentos reais, eses tan preciosos para a nosa vila, pero que son mais escasos que a choiva en Namibia, un dos lugares onde menos chove do mundo, polo que polo ben de todos agardemos recibir ese apoio doutras adminstracions para poder levar a cabo proxectos de vital importancia, mais aind cos enormes danos provocados polas chuvias, numerosos proxectos necesitan apoio, melloras na rúa Testeuro, Margarita Taboada, asfaltados no rural, ilumniacion led, instalacions deportivas, e tamen da Xunta, en especial de Augas de Galicia, quen cobra axilmente os canons da auga pero non se revirte na mellora do abastecemento, danado polos catro costados en moitas rúas