Preocupante percance na "Festa" do Cabalo
Onte na Festa do Cabalo un dos participantes caeu do cabalo e rompeu un brazo. Ata aquí todo normal, foi un lance dunha festa e estas cousas poden pasar. O preocupante e que non había no evento ningunha ambulancia nin atención sanitaria. A pregunta é inevitable¿Se o percance fora máis grave qué pasaría?
O concello de Maside, que cada vez emprega menos recursos neste evento, de aí o seu declive en beneficio de andainas e duatlons nos que non escatima en gastos, fallou estrepitosamente nos máis mínimos protocolos de seguridade que requiren este tipo de eventos.
Esto non é unha denuncia contra os que realmente apoian a Festa do Cabalo (os non políticos) pero si contra aqueles que por un lado recortan os recursos o polo outro proclaman que apoian esta Festa.
Se non creedes na Festa decideo con claridade. Pero con estes premios pírricos o declive é inevitable, e con esta organización tan escasa de recursos, a seguridade dun evento destas características non está garantida.
É unha mágoa pra esta Festa, que algún día estivo entre as primeiras de toda Galicia, pero hoxe non é nin a décima parte do que foi. E a pena (e aquí os que realmente aman esta festa entenderán a miña crítica contra os políticos) é que non hai vontade de darlle a este evento o apoio que merece.
Agardo que o participante mellore, e que o ano que ven volva participar nesta festa, con máis apoio por parte de quenes deberían apoiala.